viernes, 31 de marzo de 2023

Lateralidade

 Ola familias! Hoxe mostrovos un novo xogo dispoñible na aula PT para traballar a lateralidade.

Os nenos/as teñen que ir lendo as instruccións que aparecen e buscar as fotos dos animais e colocalos según indique, xa sexa a dereita- esquerda, arriba- abaixo, dentro ou fora.




martes, 28 de marzo de 2023

Coñecemos as abellas

 Xa podedes topar no pasillo de Infantil e da aula PT o novo mural que fixen cos nenos/as de infantil.

Xunto cos meus nenos/as de Primeiro e Segundo, imos levar a cabo o Proxecto de 'Coñecemos as abellas'.

En infantil estivemos a ver as partes da abella e as persoas que coidan das abellas, os Apicultores. 

Aquí podedes ver o resultado final do gran esforzo dos nenos/as de infantil. 

Cada neno/a fixo a súa propia abella ademais de que traballamos a simetría onde tiñan que debuxar e pintar as partes das flores exactamente iguais que o lado dereito.

Son uns artistas!!!



Somos unha pequena familias

 Ola familias! Hoxe deixovos unha fermosa foto na aula PT de: Theo, Lucas, Meghan, Lara e Carmela despois de facer a nosa Asamblea.

                                                                  💗💗💗💗💗💗





lunes, 27 de marzo de 2023

Metodoloxía Teachh

 Ola familias! Hoxe mostrovos un novo material dispoñible na aula PT.  Emprego para o alumnado de infantil que acode a miña clase. 

Trátase dunha caixiña reciclada, formada por diferentes ocos. En cada oco aparece unha vogal, e debaixo desa vogal, os nenos encontran pictogramas que empezan por esa vogal.

Desta maneira traballamos cunha Metodoloxía Teacch. Nun primeiro momento esta metodoloxía foi creada para o alumnado TEA, pero hay certas cousas dela que podemos empregar con todo o alumnado, como neste caso, o material visual e elementos que orienten o alumnado.




jueves, 23 de marzo de 2023

Xogo de Pasapalabra con Meghan e Lucas

 Ola familias! Hoxe quero ensinarvos un novo material dispoñible na aula PT co cal xa estiven traballando con Meghan e Lucas.

Trátase do mítico xogo de Pasapalabra. Meghan e Lucas tiñan nas suas mesas o Rosco cas letras. Eu dicíalle a letra, e eles tiñan que señalarma. Unha vez señalada eu comezaba a ler a definición do obxecto que empezase pola letra sinalada. 

Finalmente tiñanme que escribir a palabra. Sempre lles teño encima da mesa unhas tarxetas para que se fixen na forma da letra e na direccionalidade, primeiro sacando o noso dedo máxico e despois facendoas no papel co lapis.

Isto é unha boa maneira de practicar con eles a escritura, a atención e a memoria dunha maneira lúdica.

Son uns campións!💗💗







martes, 21 de marzo de 2023

Día Mundial do Síndrome de Down

 Cada 21 de Marzo celebrase o Día Mundial do Síndrome de Down.

Como xa saberedes, o Síndrome de Down é un trastorno xenético no que a persoa ten un cromosoma extra. Polo xeral os bebés nacen con 46 cromosomas menos as persoas con Síndrome de Down, que necen con 47, debido a que teñen unha copia extra do cromosoma 21. Por iste motivo o Síndrome de Down tamén se lle coñece coomo Trisomía 21.

O DSM-V (Manual onde aparecen explicados todos os Síndromes e Trastornos), expón que o Síndrome de Down é un tipo de Discapacidade intelectual. É dentro do Síndrome de Down temos 3 tipos diferentes:

-Trisomía 21 que é o máis coñecido.

- Mosaicismo

-Translocación 

O mesmo DSM-V clasifica o Síndrome de Down da seguinte maneira:

-Leve

-Moderado

-Grave


lunes, 20 de marzo de 2023

'R' é 'RR'

 Ola familias! Na aula PT continuamos facendo máis recursos e materiais para seguir traballando os fonemas.

Esta vez hai dispoñible na aula Pictogramas  para pronunciar  a 'R' e a 'RR'. 

Como sabedes é un dos fonemas que máis lles custa aos nenos/as.

Aquí podedes ver o novo material! 💜



jueves, 16 de marzo de 2023

Traballamos os Fonemas

 Ola familias! Hoxe estivemos Meghan, Lucas e eu a practicar os fonemas das letras. 

É moi importante que os nenos/as aprendan os sonidos asociados a cada letra. Estos sonidos son os  fonemas.  

Como podedes ver na aula PT temos dispoñibles bastantes pictogramas para traballar a posición da lingua. Ademáis de contar co Rincón das letras o cal tamén lles axuda moito. 

 Todo isto fixémolo diante do espello para que eles fosen máis conscientes da posición da lingua e do sonido.

Son un campións!!! 💘💘






miércoles, 15 de marzo de 2023

Traballando a grafía dos números con Lois

 Ola familias! Aquí seguimos traballando a grafía dos números na aula PT. Esta vez, tocoulle o turno a Lois.

Estamos a traballar moito os números de maneira manipulativa con números e obxectos de madeira para ter conciencia deles.

 Repasamos as grafías seguindo os puntillos dos pictogramas que podedes ver nas fotos para que Lois tamén entenda a direccionalidade dos números. 

Finalmente tócalle plasmalo no seu libro.

Fíxoo de 10! Está feito un campión!!! 💗💗💗💗






martes, 14 de marzo de 2023

Rincón dos números en infantil

 Ola familias! Na publicación de hoxe podedes ver o novo Rincón dos números en infantil!💗

Un espazo imprescindible posto que como vos expliquei, os números son conceptos abstractos e a mellor forma de iniciar e traballar os números e máis adiante as matemátcas, e a través da manipulación.

Aquí podedes ver como quedou o Rincón dos números 💚💙💜









lunes, 13 de marzo de 2023

A Anticipación

 Ola familias! Hoxe quérovos ensinar un dos materias que podedes topar na aula PT. 

Trátase dunha axenda de Pictogramas ( a portada está decorada de Dinosaurios posto que un dos meus nenos encántalle) é un anticipador pegado nunha das miñas mesas para que o neno/a sepa o que vai facer ao longo da sesión.

A anticipación e a acción de adiantarse aun evento antes de que ocurra. Con isto preparamos aos nenos/as  e informamoslles de que vai a ocurrir ao longo da sesión ou da mañá.

Hai moitos nenos/as que presentanalteracións na flexibilidade mental e soen ter un pensamento moi ríxido, déficit nas funcións executivas (Planificación e organización) é necesitan esa anticipación. 

Senon se lles presenta esa anticipación, poden  mostrar irritabilidade aos cambios e aparecer os problemas de conduta.

Aquí deixovos como o teño eu na miña aula PT.




jueves, 9 de marzo de 2023

Material para traballar a Grafía dos números

 Despois da publicación anterior, aquí podedes ver o material que emprego para ensinarlles a grafía dos números.

Trátase do recoñecemento, escritura e comprensión da grafía de forma multisensorial: Onde se representa a grafía do número observando e practicando o seu trazado.

 Pódense facer distintas actividades que permiten a manipulación do concepto do número (repasar, modelar, picar, pintar,…)




¿Cómo aprende un neno/a a grafía dos números?

 Ola familias! Hoxe imos tratar o tema da ensinanza da grafía dos números. 

 O proceso para aprender un número concreto e un proceso complexo. Isto é debido a que o concepto do número é un concepto abstracto. O neno/a debe aprender conceptos como orden numérico, a representación simbólica da cantidad,  a súa representación fonética, comprender que o concepto de número e independiente do tipo de elementos que representa.

Na etapa de Educación Infantil é unha aproximación do neno/a co mundo do número. O neno/a será capaz de aprender a usar os números en situacións cotidianas, podrá agrupar obxetos dacuerdo cunha determinada cantidade, aprender a escribir a representación simbólica do número e usalo en contextos matemáticos. Non obstante, a comprensión total do concepto do número non se producirá ata etapas posteriores.


Pasos para a aprendizaxe dun número

A aprendizaxe de cada número faise de forma independente e aislada, dacuerdo a  cronoloxía dos números (do 1 alo9 además do 0). Debemos de seguir os seguintes pasos:

1. Nocións cuantitativas: ¿Cuántos son? Trátase de facer argumentos con obxetos de cantidade que se están traballando. Máis tarde, comenzase  a introducir progresivamente o simbolismo. En primeiro lugar mediante a transcripción dos obxectos a imaxes gráficas (por exemplo lápices, manzás, persoas,…), logo con obxectos máis abstractos (bolitas, palitos,…) e finalmente coa grafía do número. Esto último enlaza co  seguinte paso.

2. Reconocimiento, escritura y comprensión de la grafía de forma multisensorial: Representase a grafía do número observando e practicando o seu trazado. Realizanse distintas actividades que permiten a manipulación do concepto do número (repasar, modelar, picar, pintar,…)

3. Asociación grafía – cantidad: Consiste en establecer a relación entre a simboloxía do número e a cantidade de elementos que representa.

4. Discriminación do número en comparación con outros: Uso do número en situaciones cotidianas,  como buscar dito número no entorno…




miércoles, 8 de marzo de 2023

Libro 'De que trata o amor'?

 Ola familias! Hoxe mostrovos un libro moi especial para min que está dispoñible na aula PT.

A historia deste libro trata de dar visibilidade os diferentes trastornos, neste caso a Parálise cerebral nos nenos/as.

 Aínda que no noso cole non temos a ningún alumnado nesas ciscunstancias, deben de darlle normalidade se algún día coñecen a alguén cunha PC posto que debemos de ensinarlle aos nenos/as a importancia da Inclusión.



lunes, 6 de marzo de 2023

Preparando o Día da Muller

 Ola familias! Estes días cos meus nenos/as de infantil estivemos a preparar e a explicar o por qué do Día da Muller. Para iso fixemos un mural coas mulleres máis importantes e a maiores mostreilles libros, adaptados a infantil, sobre algunha delas.

Cada neno/a plasmou no mural as súas mans para mostrar a unión entre os nenos e as nenas e que todos debemos de remar xuntos.

Finalmente a cada neno/a tocoulle colorear unha muller importante para despois pegala no noso super mural, o cal colgámolo no noso pasillo para que o vexan todos. Debaixo de cada debuxo puxemos o nome do neno co apelido da muller que lle tocou. Canto riron con iso!!!😂😂

As mulleres que coñecimos foron as seguintes:

-Coco Chanel------------------------------------- Vanesa Chanel

-Frida Kahlo--------------------------------------- Pepe Kahlo

-Amelia Earhart------------------------------------ Theo Amelia

-Marie Curie-----------------------------------------Uxía Curie

-Margarita Salas------------------------------------ Adara Salas

-Ana Peleteiro----------------------------------------Lois Peleteiro

-Clara Campoamor----------------------------------- Mai Campoamor

-Rosa Parks--------------------------------------------Adán Parks

-Heike Freire-------------------------------------------Chus Freire

-Malala---------------------------------------------------Kevin Malala

-Ana Frank-----------------------------------------------Estrella Frank

-María Montessori----------------------------------------Aisha Montessori

-Rosalía de Castro----------------------------------------- Carmen de Castro

-Concepcioón Arenal--------------------------------------Inés Arenal







viernes, 3 de marzo de 2023

Lateralidad

 Ola familias! Hoxe deixovos por aquí un xogo moi sinxelo que fixen cos meus pequenos de infantil para traballar a lateralidade. 

Xa sabedes que a lateralidade non se adquire ata os 6 anos.

O xogo consiste en colocarlle ao neno/a un gomet verde na man dereita e un gomet vermello na man esquerda.  

Finalmente díselle que van ter que levantar a man que a profe decida. Con isto o neno/a mirará que color de gomet é a man dereita e a esquerda e axudaralle a recordalo. 

Para darlle máis emoción, aos meus pequenos de infantil díxenlles que cada vez que eu dixese que man tiñan que levantar ao tocar a alarma tiñan que convertirse en estatuas con esa man levantada.

Aquí deixovos os gomets e as alarmas que se poden topar en Amazon e que a min deixoumas a miña querida profe Patri💘








jueves, 2 de marzo de 2023

Os tarros tolos

 Ola familias! Hoxe comparto con vos un novo material dispoñible na miña aula PT. Trátase dos 'Tarros tolos'. 

Esta actividade os nenos teñen que estar atentos a formar as palabras que aparecen dentro dos tarros, iso si tendo sempre en conta a pista que se lle deixa arriba.




miércoles, 1 de marzo de 2023

Visita especial a Aula PT

 Ola familias! Hoxe a mestra titora de Primeiro e Segundo Patri e eu decidimos facer unha actividade coa aula de Primeiro na aula de Pedagoxía Terapéutica. Isto é debido a que cando me toca facer os apoios na miña aula, moitos dos nenos/as sempre din que eles tamén queren pasar pola miña aula.

Por iso, para normalizalo, Patri e eu decidimos empezar a preparar o Día Da muller cunha actividade moi especial na miña aula. 

Estivemos lendo o libro 'As nenas serán o que queiran ser'. Onde falamos sobre que deben de loitar polos seus soños, que tanto os nenos como as nenas teñen os mesmos dereitos e a mensaxe principal do libro: Se teñen un soño, nunca poden permitir que outras persoas lle digan que non o poden conseguir.

Así de atentos estiveron 💘 💘💘💘💘💘

Grazas a mestra Patri, formamos un bó equipo 💜💜





Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...