miércoles, 31 de mayo de 2023

Preparativos para a curta 'Xan sen medo' de fin de curso

 Ola familias! Hoxe os nenos e nenas de infantil xa comenzamos a rodar e a facer as fotos da promoción da súa curta. Para iso metímonos xa no papel e maquillámolos e cada un xa levaba posto o disfraz da personaxe que vai interpretar.

Estaban moi guapos todos e todas!!! 💘💘💘




martes, 30 de mayo de 2023

Consecuencias negativas do uso prolongado do biberón

Ola familias! Hoxe gustaríame explicaros as consecuencias negativas que ten o uso do biberón nos nenos e nas nenas.

Os pediatras aconsellan retirar o biberón aos 18 meses porque un uso prolongado do biberón ao igual que o chupete causa os seguintes problemas:

1. A consecuencia máis grave e que lles afecta a linguaxe oral.

2. Deformación do paladar pola presión que exerce a tetina contra o mesmo cando o neno/a succiona.

3.Dificultade para pronunciar os fonemas (sonidos) que poden levar a derivar en dislalias.

4. Habla inintelixible (non se lle entende o falar).

5. Retraso no desarrollo da fala.

6. Dificultade na masticación dos alimentos.







miércoles, 24 de mayo de 2023

Genially

 Ola familias! Continuamos aprendendo os fonemas en infantil, esta vez coa aplicación interactiva de Genially. 

Nesta actividade os nenos/as debían de repetir o fonema dunha letra.

 Despois de un en un, saían a pantalla e dábanlle a imaxe onde a continuación soaba o nome desa imaxe. 

Todas as imaxes estaban relacionadas co fonema que estábamos a traballar nese momento.




Pizarras dixitais

 Ola familias! Continuamos traballando coas novas pizarras dixitais que nos instalaron no colexio.

Esta vez decidimos investigar no encerado máxico (Como os pequeniños lle chamamos😁) e de maneira interactiva aprender a direccionalidade das letras.





lunes, 22 de mayo de 2023

Traballamos a lectoescritura. Buscamos a palabra oculta

 Ola familias! Hoxe móstrovos un novo material dispoñible na aula PT. 

Trátase dun xogo simple onde os nenos/as deben de atopar a palabra oculta. 

Deste xeito estamos a traballar a lectura, escritura, atención, memoria e o aumento de vocabulario. 



sábado, 20 de mayo de 2023

Breixo, Lara, Carmela e Meghan

 Ola familias! Hoxe deixovos unha fotiño de onte na aula PT de Breixo, Lara, Carmela e Meghan.

Son uns traballadores! Só nos faltou Lucas que o botámolo moito de menos.




jueves, 18 de mayo de 2023

Método ABN en infantil

 Ola familias! Hoxe traballamos na aula ordinaria de infantil as matemáticas a través do método ABN.

ABN significa 'Aberto basado en números' e o seu creador, Jaime Martínez, pensa que non se pode seguir explicando as matemáticas tal e como se veu facendo dende os métodos tradicionais.

Como vos expliquei en anteriores publicacións do meu Blog, o coñecemento dos números, ao igual que outros aspectos matemáticos, son conceptos moi abstractos para os nenos/as.

Por iso debemos de traballalos de maneira manipulativa e lúdica.

Aquí podedes ver os materiais e o moito que traballaron os nenos/as de Infantil.

Neste exercicio debíand de poñer no plato o número de alimentos que eu lle pedise.






jueves, 11 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

 Ola familias! Os nenos/as de infantil están a preparar unha presentación sobre quen era Francisco Fernández del Riego para explicalo diante de todos os nenos do colexio.

Hoxe aproveitamos para ensaiar! 💗💗💗




miércoles, 10 de mayo de 2023

Somos unha piña

 Ola familias! Hoxe comparto por aquí unha foto da celebración dos Maios. 

Así de guapos saímos no periódico os de Primeiro e Segundo de Primaria 💗




lunes, 8 de mayo de 2023

A importancia da Asamblea

 Ola familias! Para todos os nenos/as tanto de infantil como nos primeiros cursos de primaria, como pode ser en Primeiro e Segundo, e moi importante facer unha Asamblea. 

Dalles seguridade aos nenos/as e saben o que vai suceder durante o día no colexio.

Ademais estamos a anticiparlles con que profesores terán clase ao longo do día.

 Estaremos a traballar unha rutina e ademáis dámoslle a posibilidade de participar, de que falen e expresen o que queiran o cal serve para que adquiran vocabulario,  traballar a linguaxe oral e a Intelixencia emocional en aspectos como:

-Que expresen as súas emocións

-Sepan escoitar e a ser escoitados.

-Habilidades socialis.

-Autoestima e autoconcepto.

-A ter máis confianza e seguridade neles mesmos. 

 Ademáis de que traballamos o espazo e o tempo.

Como non podía faltar, na aula PT tamén temos a nosa propia Asamblea.

Así de atento estivo Lois! 💘




Traballamos a primavera de maneira manipulativa

 Ola fmailias! Aquí podedes ver o resultado final do bonito e do moito que traballaron os nenos/as de infantil para decorar o pasillo da aula de PT e de Infantil.

Estamos a traballar a Primavera e despois de realizar o Proxecto das abellas que mellor forma de traballar a Primavera que explorar e investigar o que nos podemos topar nesta estación do ano.

E este foi o resultado. Son uns artistas!!!💗💗💗





miércoles, 3 de mayo de 2023

Gusanos encadenados

 Ola familias! Na aula PT xa temos un novo material dispoñible que hoxe empreguei con Meghan e Lucas.

Trátase dos Gusanos encadenos. Onde os nenos/as van ter que formar a cola do gusano. 

Para facela deberán fixarse na foto e dicir en voz alta o nome dese obxecto que salga.

  Despois deben de atopar un novo obxecto que conteña a última sílaba da primeira palabra que escribiron.

Este xogo de palabras encadenadas axudan a fomentar o razoamento, a redacción e a ortografía.







martes, 2 de mayo de 2023

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...