jueves, 27 de abril de 2023

O horto escolar

 Ola familias! A semana pasado os nenos/as de primeiro e segundo estivemos no horto do colexio.

O horto escolar ten moitos beneficios como:

-Estimular os seus sentidos.

-Potencia o traballo en equipo.

-Fomenta o coidado do medio ambiente.

-Fomenta a alimentacióm sana.

Así de ben pasámolo!💗💗💗




miércoles, 26 de abril de 2023

Verbolario

 Ola fmailias! Hoxe ensinovos un novo material dispoñible na aula de Pedagoxía terapéutica.

Trátase do 'Verbolario' onde os nenos/as teñen que formar palabras.

E fantástico posto que estamos traballando os seguintes obxectivos:

1. Mellorar a concentración. 

2. Reforzo da lectura e aprendizaxe de novo vocabulario.

3. Capacidade de razpamento.

4. Mellora da axilidade mental e a expresión oral.

5. Axuda ante posibles problemas de percepción, integración da información e da mobilidade ocular.

A Lucas e a Meghan encantoulles!!





Traballamos coa Pizarra dixital a lóxica matemática

 Ola familias! Nesta semana chegaron as novas pizarras dixitais e en infantil estrenámolas para traballar a lóxica- matemática 💗





martes, 25 de abril de 2023

Convivencia en Boborás

 Ola familias! Hixe pasámolo super ben na convivencia en Boborás.

Xuntámonos os colexios de : San Amaro, Irixo, Beariz en Boborás, posto que este ano eran eles os anfitrións encargados de recibirnos.

Unha gran experiencia.

Aquí podedes ver o ben que o pasaron os meus pequenos/as de infantil 💗💗💗




viernes, 21 de abril de 2023

O apicultor Isaac

 Ola familias! Hoxe Isaac ensinoulle a todos os nenos/as do colexio como é o traballo dun apicultor/a. 

Ademáis tamén nos falou do mundo das abellas e mostrounos diferentes materiais que emprega co seu pai e deunos a probar a mel que estaba riquísima😋

Isaac non o puido explicar mellor. 

Parabéns !!! As túas profes estamos moi orgullosas de ti 💗💗

Moitísimas grazas a familia de Isaac por colaborar no noso Proxecto deixandonos os materiais de traballo










Os meus soles de Primeiro e Segundo de Primaria

Así de contentos estamos na aula de Primeiro e Segundo con moitas ganas de aprender 💘💘

e eu feliz de ter uns alumnos/as así de riquiños!!!

SOMOS UNHA PIÑA!!!



miércoles, 19 de abril de 2023

Abellas revoltosas

 Ola familias! Hoxe móstrovos un novo material para seguir traballando a lateralidade.

Trátase dun xogo chamado abellas revoltosas. Os nenos/as deben de fixarse hacia que lado está voando a abella. Se voa hacia o lado dereito teñen que poñer esa abella no lado dereito. E se voa para o lado esquerdo, deben de colocar a abella no lado esquerdo.

A Lois encantoulle o xogo!💘







martes, 18 de abril de 2023

Excursión Museo vivente do mel

 Ola familias! Como xa sabedes, os nenos/as de infantil, priemiro e segundo de primaria estamos levando a cabo un Proxecto sobre o mundo das abellas. Por iso hoxe fumos de excursión ao Museo da mel 'O enredo do Abelleiro'.

Pasamolo super ben e aprendimos moitas máis cousas!!!

💓💓💓💓

Así de contentos saimos do colexio. 



Cando chegamos, xa nos estaban esperando para explicarnos moitas cousas sobre as abellas. E ademáis fixemos xogos para coñecer mellor a vida das abellas reinas e dos zánganos.

Dentro do museo estivemos moi atentos ao que nos explicaban.

Descansamos un pouquiño e aproveitamos para merendar ao aire libre.

Ao acabar de merendar entramos para ver as colmeas moi emocionados!

Unha vez dentro, puxeronnos o traxe de apicultor/a.

Despois fixemos figuras que levamos para a casa.

E o maís emocionante e que sacamos a nosa propia mel. Para iso tivemos que vestirnos apropiadamente para protexer o noso tarro de mel que levamos para a casa.




Finalmente comimos ao aire libre e regresamos ao cole no autobús.
Unha experiencia inolvidable tanto para os nenos/as como para os profes!


lunes, 17 de abril de 2023

Traballamos os fonemas e a forma das letras

 Ola familias! Hoxe mostrovos un novo material dispoñible na aula PT que ademáis tamén vai estar na aula de Educación infantil, no novo Rincón das letras que proximamente ensinareivos.

Trátase de flores que conteñen as vogais. Os nenos/as terán que buscar na caixa as fotos dos obxectos e colocalos na flor correspondente.

Finalmente pronunciamos o sonido da letra e facémola con paus de madeira.




jueves, 13 de abril de 2023

Resultado final do Proxecto 'Coñecemos as abellas'

 Ola familias! Aquí deixovos o resultado final do Proxecto de 'Coñecemos as abellas' para Infantil, primeiro e segundo de Primaria.

Os nenos/ass coñecen: 

-As partes da abella.

-Qué é unha colmea

- Qué son os panais

-Probamos o mel

-Qué e un apicultor/a

-As partes do traxe do apicultor/a

Finalmente o martes visitaremos todo in situ nunha excursión , onde os meus nenos/as van poder ver todo o aprendido neste Proxecto💗





miércoles, 12 de abril de 2023

Traballamos a Lateralidade

 Ola familias! Continuamos traballando a lateralide. O concepto dereita- esquerda é bastante dificil para moitos nenos/as, por iso na aula PT seguimolo reforzando con diferentes xogos e actividades que vos irei subindo a este blog.

Hoxe móstrovos unha das actividades.







martes, 11 de abril de 2023

sábado, 1 de abril de 2023

Día Mundial do Trastorno do Espectro Autista (TEA)

 Cada 2 de abril celebramos o Día Mundial do Trastorno do Espectro Autista. Convivimos bastante con moitos nenos/as e personas con algún dos 3 tipos de TEA e todavía seguimos sen saber  a súa orixen.

Neste día aproveitamos para seguir pediendo máis investigación e loitando porque todos os centros educativos sexan inclusivos.

Aproveito para desexarvos unhas moi boas vacacións de Semana Santa. Vémonos o día 11 de abril!!!




Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...