jueves, 29 de diciembre de 2022

Experiencia na Obra Shrek

  Ola familias!

 Hoxe queríavos deixar fotos de todo o profesorado que fixemos posible a Obra de Shrek. Como mestra foi unha gran experiencia para min.

Ademáis con este tipo de actividades estamos a traballar nos nenos/as:

  • Compañeirismo
  • Traballo en equipo
  • Habilidades sociais
  • Intelixencia emocional
  • O Control e regulación das emocións
  • Memoria








sábado, 24 de diciembre de 2022

Hospital Ortográfico

 Ola familias! Hoxe quérovos ensinar o novo hospital que xa abriu as súas portas nestas últimas semanas de trimestre.

Este hospital foi creado a partir da idea que topei en Pinterest fai algún tempo. Quería que cada neno/a tuvera os seus propios pacientes (palabras mal escritas) xa que cada alumno falla nunhas normas ortográficas e aquí podédelo ver!

¿Cómo o utilizo na miña aula?

Cada vez que un alumno cometa un erro que considero 'grave', esa palabra será trasladada ao hospital ben escrita. Acordei cos nenos/as rodear con vermello as palabras que deben de ir ao hospital.

A miña idea é facer autodictados e dictados de palabras unha vez por semana incluíndo as palabras que están no hospital. Se nese dictado as escriben correctamente, estará curada e poderémoslle dar o alta.

Encantoulles a idea!




Aula de PT

 Ola familias! Hoxe deixovos fotos de como teño distribuída a miña aula PT, cando dou apoio dentro dela.

O ideal é ter sempre todo ordeado e con poucas cousas para evitar que os nenos/as se distraían. Tamén paréceme fundamental que no momento en que entren na miña aula, sepan en todo momento o que imos a facer.

Espero que vos guste!






jueves, 22 de diciembre de 2022

¿Cómo é a labor dunha mestra PT?



Ola familias! Estreamos o blog de PT no Irixo!

Chámome Vanesa e son mestra especialista en Pedagoxía terapéutica. Este curso 2022-2023 vou estar no cole do Irixo. 
É o meu segundo ano exercendo e estou moi feliz de poder acompañar aos vosos fillos/as 💗.

¿Qué facemos os mestres PT?

1. Apoiamos ao alumnado NEAE, aquí incluimos: alumnado TEA, TDAH, Trastornos de conduta, Trastornos da linguaxe, escritura, lectura e cálculo. E todo tipo de trastornos.  Ademáis reforzamos o dado polo mestre titor/a.

2. A nosa labor é dentro da aula ordinaria xunto co mestre titor.

3. Tamén apoiamos aos alumnos na aula de Pedagoxía terapeútica, onde creamos materiais complementarios para axudar a que os nenos/as reforcen moito máis o aprendido nas aulas.

Isto é o que fago nas aulas de Educación infantil e nas de Educación Primaria do Irixo, concretamente en Primeiro e Segundo de Primaria, posto que en terceiro e cuarto está a mestra Aroa facendo apoio e en quinto e sexto a mestra Tania.

Irei subindo moitas cousas da miña aula PT, materiais, pautas para o alumnado, a distribución da miña aula... 

Espero que así sepades un pouco máis a nosa labor como PT.

Un abrazo.
Vanesa.




Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...