lunes, 30 de enero de 2023

Día da Non Violencia e da Paz

 Ola familias! Hoxe pola tarde celebramos todos xuntos o Día da Non violencia e da Paz. 

Cada aula debía de facer unha actividade para despois ensinarlla ao resto do colexio.

Como mestra PT tiven o pracer de axudarlle a titora de infantil, Chus a buscar e colorear diferentes bandeiras de países. Unha vez que estaban recortámolas e fixemos bandeiras. Finalmente buscamos a palabra 'Paz' no idioma desa bandeira.  Aprendimos a palabra paz en:

-Grego

-Inglés

-Ucraniano

-Francés

-Alemán

Os nenos/as de infantil mostráronllos aos maiores e fixérono xenial!!!


Tamén puiden participar no fermoso poema feito pola titora de Primeiro e Segundo, Patri. Dixémolo diante de todos os maiores é fixérono de 10!


Finalmente todo o colexio, incluidos os mestres decoramos un paraugas empregando símbolos da paz.


Tanto mestres coma nenos/as pasámolo en grande!!!

Teño moita sorte de compañeiras😉









sábado, 28 de enero de 2023

Adiviña-palabra

 Ola familias! Hoxe móstrovos un novo recurso que estou empregando cos nenos/as de primaria que visitan a miña aula PT. Chámamoslle 'Adiviña-palabra'.

É moi sinxelo, con este xogo os nenos/as, teñen que adiviñar a palabra, seguindo a pista do animal, é despois escribir a palabra que saia. 

Con isto estamos a traballar a atención, a memoria e repasando as letras, os fonemas e a grafía.

A Carmela encantoulle !!!






miércoles, 25 de enero de 2023

Traballamos o Día da Paz

 Ola familias! Hoxe móstrovos a actividade que fixemos Chus máis eu na aula de Infantil. Cada neno/a tiña que poñer no papeliño unha mensaxe ou debuxo que para eles significase paz. 

Finalmente pegamos as mensaxes coa foto dos nenos/as e das profes 😏

Este foi o resultado final. A porta quedou fermosa! 💗💗💗💗



lunes, 23 de enero de 2023

Rincón dos números

 Na aula PT ademáis do rincón das letras e do hospital ortográfico tamén temos un espacio para traballar os números. E é o Rincón dos números!



Asamblea

 Ola familias! Hoxe mostrovos outro recuncho da aula PT. Trátase da Asamblea. Antes de poñernos a aprender e reforzar todo o que xa saben, sempre facemos un recordatorio de:

-Día da semana no que estamos.

-Día do mes.

-O mes.

-O ano.

-A estación.

- O tempo que fai.

-Como se atopan (tema das emocións).

-Miramos o menú do comedor.


Así de atentos estaban hoxe Meghan e Lucas.




jueves, 19 de enero de 2023

Traballamos as sumas e as restas

 Ola familias! Hoxe gustaríame ensinarvos un material que me regalaron polo meu cumpleanos e que estou empregando na aula PT cos nenos/as de Primaria. 

Trátase dun xogo manipulativo de madeira de sumas e restas. Tanto a suma coma a resta son contidos matemáticos básicos que son importantes comezar traballando de maneira manipulativa para lograr así asentar unha boa base. É importante que teñan claro os pasos necesarios para levar a cabo estas operacións para entrenar aos nenos/as no cálculo mental.

Este xogo é moi sinxelo. Os nenos/as deben de buscar a solucción da suma ou da resta que se lle presenta na ficha de madeira e levala ao resultado correspondente.

¡Triunfou moito na aula PT! 💗





lunes, 16 de enero de 2023

Lois

 Ola familias! Hoxe tocoulle o turno de visitar a aula PT a Lois. 

Traballamos a atención con exercicios de buscar letras e imaxes que fosen iguais, concretamente estaban relacionadas co circo que casualmente Lois visitou este fin de semana no Carballiño.

As mestras PT temos poderes 😁




Traballamos a ira

 Ola familias! Nestas semanas de inicio do segundo trimestre estamos a traballar sobre as emocións. 

En infantil empreguei este fantástico libro en infantil ttulado: 'Lume', narrado en galego.


Lume conta a historia sobre como poder ensinarlle aos nenos/as a poder controlarse eles mesmos eses momentos de enfados que poden ter tanto na casa coma no cole.

¡Paréceme un libro fantástico! Recomendado para Infantil e os primeiros cursos de Primaria.






jueves, 12 de enero de 2023

Theo

 A Theo encántalle vir traballar e aprender a aula PT, aquí deixovos o moito que traballa e o que aprende. Estamos a repasar os números. Primeiro empezamos coa súa grafía e despois continuamos cun xogo de madeira manipulativo e lúdico.

Non podemos olvidar que os nenos/as de infantil aprenden a través do xogo.

Theo está feito todo un campión!!!




A Importancia dos Rincóns en Infantil

 Ola familias! Aquí podedes ver como está distribuída a aula de infantil neste trimestre ata fin de curso. Está dividida por Rincóns basados na metodoloxía de María Montessori.

En infantil son fundamentais e imprescindibles. O obxectivo de traballar por rincóns son os seguintes:


– Darlle a posibilidade aos nenos/as de desenvolver todas as súas facetas,
intelectuales, afectivas e sociais.
– Respetar o ritmo de aprendizaxe de cada neno/a.
– Perder o medo a equivocarse.
– Estimular o razoamento lóxico e a deducción a partir da
experimentación.
– Encontrar diferentes solucións para resolver un problema.
– Conseguir máis autonomía na realización das tarefas.
– Adquirir experiencias directas.

Na aula de infantil creamos ose seguintes rincóns:

 

  • Rincón do Xogo
  •  Rincón das Construccións
  • Rincón da calma
  • Rincón do traballo
  •  Rincón das TICS
  •  Asamblea


Aquí podedes ver o resultado final.

Rincón do Xogo


Rincón das Construccións


Rincón do Traballo
Asamblea


Rincón das TICS


 

martes, 10 de enero de 2023

Rincón da calma en Educación infantil

 Ola familias! Hoxe creamos o Rincón da calma en Infantil. Paréceme un rincón imprescindible e fundamental.

Está formado por:

- Un boneco relaxante. O nariz cambia de cor según o seu estado de ánimo.

 -Xogos de mans

-Pelotas antiestrés

 -Botellas relaxantes

Ademáis quixemos empregar a imaxe do conto do Monstruo de cores de Ana Llenas, o cal sempre emprego eu para iniciar aos nenos/as no coñecemento e regulación das súas emocións.




Breixo e Carmela

 Hoxe foi o turno de visitar a aula PT de Breixo e Carmela. Ao igual que con Lucas e Meghan, continuamos traballando a lectoescritura. 

¡Están feitos uns traballadores!



lunes, 9 de enero de 2023

Lucas e Meghan

 Aquí podedes ver o contentos que estaban Lucas e Meghan contándome hoxe como pasaron o Nadal. 


Hoxe aproveitamos para seguir reforzando vocabulario, a lectura e a escritura.


Están feitos uns traballadores!!!




A Importancia de traballar a Educación Emocional

 Ola familias! Comezamos o Segundo trimestre con moitas ganas e ilusión, onde seguiremos intentando que sexa tan bó coma o primeiro. 

Para iso quixen facer unha serie de murais motivacionais para todo o alumnado.

Eu como mestra doulle moita importancia a traballar as emocións. É moi importante e necesario que dende idades temperás traballemos a Educación emocional para que nun futuro os nenos/as teñan unha boa intelixencia emocional.

Se traballamos a Educación emocional conseguiremos que os nenos/as teñan:

- Empatía

-Habilidades sociais

-Motivación

-Autoconciencia 

Un neno/a emocionalmente san, será no futuro un adulto emocionalmente feliz.





miércoles, 4 de enero de 2023

Día Mundial del Braille

 Ola familias! Feliz ano novo!

A miña primeira publicación do ano é para conmemorar o Día Mundial do Braille, o cal celebramos cada 4 de Xaneiro.

En 1825 Luis Braille ideou un sistema de puntos en relieve chamado o sistema Braille que todos coñecemos.  Conmemórase cada 4 de Xaneiro xa que foi o día que naceu o seu creador.

¡Vémonos o luns! ¡Teño moitas ganas de ver aos meus nenos/as!



Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...