martes, 28 de febrero de 2023

Día Mundial das Enfermidades Raras

 Cada 28 de Febreiro celebráse o Día Mundial das enfermidades raras. Hai moito que investigar todavía. A maioría dos Síndromes/Trastornos ou enfermidades son de orixe descoñecido ou todavía se topan en fase de investigación.

Un dato curioso é o Trastono do ESpectro autista, tan común con nos e todavía non se sabe a súa orixe, inda que hai estudos que din que pode ser por causa xenética.

Ogallá se invertise moito máis en investigación!




lunes, 27 de febrero de 2023

Lara, Lucas e Meghan

 Ola familias!Hoxe Lucas, Lara e Meghan traballaron moito na aula PT, por iso eles tamén merecéronse levar as pulseiras motivacionais que levaron a semana pasada Theo e Lois.

Formamos un gran equipo!!!💗💗💗💗








jueves, 23 de febrero de 2023

Pulseiras motivadoras

 Ola familias! Hoxe voltamos de novo a rutina ao colexio despois do entroido.

Por iso, decidín que na aula PT, unha vez que os nenos/as acaben de facer as tarefas terán un premio de recompensa. Unhas pulseiras motivacionais cunha mensaxe.

Theo e Lois como traballaron moito e moi ben na aula, pintáronas, pegáronas e finalmente leváronas postas.

¡Encantoulles! 💘













viernes, 17 de febrero de 2023

¡Viva o Entroido!

 Ola familias! Hoxe deixovos unha fotiño do día de onte cos meus nenos/as de infantil 💘



E fotos do día de hoxe cos meus nenos/as grandes de Primeiro e Segundo de Primaria💗
Hoxe tocábanos vir disfrazados do que quixéramos e viñeron así de guapos/as!!!


Vémonos o Próximo xoves! Desfrutade moito do Entroido!!!







jueves, 16 de febrero de 2023

Gran festa de Entroido: Monstruos das cores

 Ola familias! Hoxe foi o noso gran día para festexar que o Entroido xa está aquí. 

Todo o colexio disfrazámonos do Monstruo das emocións. Cada curso iba dunha emoción diferente:

-Amarelo: Alegría

-Vermello: Enfado

-Rosa: Namorado

-Verde: Calma

-Azul: Tristeza

Así de guapos estábamos todos xuntos! 

A nosa gran foto de familia 💖


Despois fomos polo Irixo ata chegar a plaza do Concello, onde nos esperaba un DJ co noso querido monitor Andrés. Alí déronnos bica e había moitas familias que se animaron a bailar con nós.


Hai moito traballo detrás de cada elaboración dos disfraces, pero como sempre, todo vale a pena porque temos a mellor profesión do mundo. E iso únese a ter a moi bos compañeiros /amigos xa.










miércoles, 15 de febrero de 2023

Ordes do Meco: Parte IV

 Ola familias! Hoxe foi o último día das peticións que nos foi mandando o Meco.

A orde de hoxe foi clara, tiñamos que vir todos e todas de anciáns.

Así de guapos viñeron os de Infantil💘💘💘




martes, 14 de febrero de 2023

Ordes do Meco: Parte III

 Ola familias! Hoxe as ordes do Meco foron moi claras. Os nenos tiñan que vir de nenas e as nenas tiñan que vir de nenos.

Así de guapos estábamos  na aula PT Breixo que hoxe pasou a chamarse Xiana. Carmela que hoxe foi Carmelo.

Pasámolo en grande!




Saúdos da Profe Vaneso hoxe!



lunes, 13 de febrero de 2023

Ordes do Meco: Parte II

 Ola familias! Hoxe as ordes do Meco foron moi claras. Todos debíamos de vir disfrazados dunha Nacionaliades.

E así de guapos vieñeron os nenos/as de Infantil. Representando a:

-Grecia

-Cuba

-Francia

-EEUU (Hawái)

-África

-China

-México

-Colombia


Estábamos todos guapísimos!!! 💘




sábado, 11 de febrero de 2023

Ordes do Meco: Parte I

 Ola familias! Onte a orde do Meco foi moi clara. Tiñamos que vir todos de Científicos e así de guapos estábamos os de Primeiro- Segundo a Profe Patri e eu.




Os de Infantil, Uxía e Lois, foron o máis atrevidos,  e viñeron así de guapos 💗


E por último as profes, sempre é unha ledicia topar xente tan boa como a Profe Tania e a Profe Patri que comparten a mesma vocación e amor pola educación.







jueves, 9 de febrero de 2023

Libros que nos falan sobre a Inclusión

 Ola familias! Hoxe querovos recomendar o libro infantil: O Cazo de Lorenzo.

Nel, mediante unha simple metáfora, poñense de manifesto algúns aspectos importantes da vida das persoas: o valor de todas elas por encima das súas condicións e capacidades. Todas teñen puntos fortes e cos apoios adecuados podemos mellorar a súa vida.

Dende o meu blog invito a todo o mundo a ser unha desas persoas extraordinarias que saben apreciar a todos os 'Lorenzos' que arrastran un cazo polo mundo.

Sen dúbida é un dos meus libros favoritos que lle recomendo a todo o mundo! 💗




miércoles, 8 de febrero de 2023

Traballamos a 'R- RR'

 Ola familias! Hoxe ensínovos un novo recurso dispoñible na miña aula PT. 7

Trátase deste material feito para traballar a 'R' e a 'RR' e ensinarllo dunha maneira máis lúdica.

En cada gotiña de agua hai unha palabra escrita con 'R' ou 'RR'. Fumos poñendo debaixo do paraugas correspondente a palabra escrita con 'R' ou 'RR'.

Encantoulles!!!




Lara

 Hoxe dimos a benvida na nosa aula PT a Lara!!!

Lara vaise unir ao equipo de Meghan e Lucas. Así de contentos estábamos nada máis empezar o noso recordatorio da Asamblea.

Benvida Lara!!! Sen duda, formamos un gran equipo!!!



martes, 7 de febrero de 2023

Traballamos a motricidade fina

 Ola familias! Hoxe deixovos como traballo con Lois e con Theo tamén, a motricidade fina. 

Trátase dunha casa onde eles mesmos teñen que abrila a través de candados. Algúns son máis fáciles de abrir e outros máis complicados. 

Así os seus dedos das mans van collendo máis forza para a escritura. 

Todo isto sen olvidarnos que están na etapa de Educación infantil e que aprenden a través do xogo.



domingo, 5 de febrero de 2023

Antes de ler cun neno/a ¿Qué debemos de traballar previamente?

 Ola familias! Hoxe subo unha publicación adicada a cómo debemos de preparar aos nenos/as para o proceso da lectura. Este proceso iniciase na etapa de Educación infantil aínda que compre recordar que esta etapa é unha aproximación a lectura, escritura e cálculo. E que cada neno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe.

A continuación explico os prerrequisitos a traballar antes de iniciar o proceso lector:

💥Linguaxe: É importante que o neno/a teña un bó desarroio na linguaxe oral e dunha boa articulación dos sonidos. Tamén é importante ter un vocabulario amplio para que poida comprender os textos. 

Entre as actividades que recomendo para traballar a linguaxe son: soplar burbuxas, imitar sonidos de animais, ler contos, facer caras ou xestos.


💥Conciencia fonolóxica: Aquí refírome a capacidade de recoñecer os sonidos da fala e saber separar as palabras en sílabas.

Entre as actividades que recomendo destaco: aplaudir separando por sílabas unha palabra, leer poemas, identificar o sonido da última letra dunha palabra.


💥Motricidad fina: Aquí refírome a coordinación dos músculos pequenos como a man, os dedos, a muñeca, o hombro. A moticidade fina é importante porque permitirá facer actividades da vida diaria con coordinación e axilidade como abrocharse a chaqueta, subir un cierre, abrir un candado.

Entre as actividade que recomendo para traballar a moticidade fina destaco: bloques de construccións, rodar pelotas, subir e baixar cremalleiras, xogo de pinzas, acomodar a roupa, recortar.


💥Espazo e tempo:  Con isto refírome a identificar términos como arriba, abaixo, encima, detrás. Estos términos espaciais sin necesarios xa que o nenos/a vai escribir e a ler de dereita a izquierda e de arriba a baixo polo cal necesita comprender de que vai cada palabra.

Entre as actividades que recomendo para traballar o espazo e o tempo: xogos de identificar obxectos se están arriba o abaixo, poñerlle unha pulsera dunha cor por exemplo vermella na man dereita e amarela na man esquerda e xogar con él/ela a que levante a man que un lle pida.


💥Lateralidad: Con esto refírome a ter predominancia para facer ou tomar as cousas cunha das súas mans, é dicir, se é zurdo ou diestro. Isto por nada do mundo se debe de impoñer, se o neno/a colle todo coa man esquerda hai que deixalo e non forzalo para que o colla coa dereita.


💥Traballar a postura:  Ao estar sentado dos hombros, brazos e mans. É imporante que o neno/a teña un movemento independente por cada unha das partes do seu corpo e que ao estar sentado teña os dous pés no chan.


💥Memoria visual e auditiva: Para poder memorizar a grafía e o fonema das letras, é dicir, a forma e o sonido. 


Todos istos Prerrequisitos débense de traballar na Etapa de Educación infantil. Recordade algo moi importante tamén, cada neno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e non é bó compararse con outros nenos/as.





jueves, 2 de febrero de 2023

Superheroes da escola

 A recomendación de hoxe é este fantástico libro  que hoxe triunfou na aula de Educación Infantil e na aula PT con Carmela e Breixo.

Descubriron que son Superheroes 💕💕💕

Con él traballamos a confianza nun mesmo e a búsqueda dalgunha vocación nos nenos/as.




miércoles, 1 de febrero de 2023

Oca ortográfica

 Ola familias! Aquí móstrovos un novo material dispoñible na miña aula PT. Trátase da Oca ortográfica. Está pensada para traballar as sílabas trabadas e mixtas.  Cada vez que caian nunha casilla deben escribir a palabra. Se está ben, tira o seguinte xogador. En caso de non escribila correctamente debe de retroceder unha casilla antes de pasar ao seguinte.

Hoxe fixen esta actividade con nenos/as de Primeiro na aula ordinaria xunto coa mestra Patri ca cal formo un gran equipo💘




Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...