miércoles, 1 de marzo de 2023

Visita especial a Aula PT

 Ola familias! Hoxe a mestra titora de Primeiro e Segundo Patri e eu decidimos facer unha actividade coa aula de Primeiro na aula de Pedagoxía Terapéutica. Isto é debido a que cando me toca facer os apoios na miña aula, moitos dos nenos/as sempre din que eles tamén queren pasar pola miña aula.

Por iso, para normalizalo, Patri e eu decidimos empezar a preparar o Día Da muller cunha actividade moi especial na miña aula. 

Estivemos lendo o libro 'As nenas serán o que queiran ser'. Onde falamos sobre que deben de loitar polos seus soños, que tanto os nenos como as nenas teñen os mesmos dereitos e a mensaxe principal do libro: Se teñen un soño, nunca poden permitir que outras persoas lle digan que non o poden conseguir.

Así de atentos estiveron 💘 💘💘💘💘💘

Grazas a mestra Patri, formamos un bó equipo 💜💜





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...