jueves, 23 de marzo de 2023

Xogo de Pasapalabra con Meghan e Lucas

 Ola familias! Hoxe quero ensinarvos un novo material dispoñible na aula PT co cal xa estiven traballando con Meghan e Lucas.

Trátase do mítico xogo de Pasapalabra. Meghan e Lucas tiñan nas suas mesas o Rosco cas letras. Eu dicíalle a letra, e eles tiñan que señalarma. Unha vez señalada eu comezaba a ler a definición do obxecto que empezase pola letra sinalada. 

Finalmente tiñanme que escribir a palabra. Sempre lles teño encima da mesa unhas tarxetas para que se fixen na forma da letra e na direccionalidade, primeiro sacando o noso dedo máxico e despois facendoas no papel co lapis.

Isto é unha boa maneira de practicar con eles a escritura, a atención e a memoria dunha maneira lúdica.

Son uns campións!💗💗







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...