jueves, 22 de diciembre de 2022

¿Cómo é a labor dunha mestra PT?



Ola familias! Estreamos o blog de PT no Irixo!

Chámome Vanesa e son mestra especialista en Pedagoxía terapéutica. Este curso 2022-2023 vou estar no cole do Irixo. 
É o meu segundo ano exercendo e estou moi feliz de poder acompañar aos vosos fillos/as 💗.

¿Qué facemos os mestres PT?

1. Apoiamos ao alumnado NEAE, aquí incluimos: alumnado TEA, TDAH, Trastornos de conduta, Trastornos da linguaxe, escritura, lectura e cálculo. E todo tipo de trastornos.  Ademáis reforzamos o dado polo mestre titor/a.

2. A nosa labor é dentro da aula ordinaria xunto co mestre titor.

3. Tamén apoiamos aos alumnos na aula de Pedagoxía terapeútica, onde creamos materiais complementarios para axudar a que os nenos/as reforcen moito máis o aprendido nas aulas.

Isto é o que fago nas aulas de Educación infantil e nas de Educación Primaria do Irixo, concretamente en Primeiro e Segundo de Primaria, posto que en terceiro e cuarto está a mestra Aroa facendo apoio e en quinto e sexto a mestra Tania.

Irei subindo moitas cousas da miña aula PT, materiais, pautas para o alumnado, a distribución da miña aula... 

Espero que así sepades un pouco máis a nosa labor como PT.

Un abrazo.
Vanesa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...