lunes, 30 de enero de 2023

Día da Non Violencia e da Paz

 Ola familias! Hoxe pola tarde celebramos todos xuntos o Día da Non violencia e da Paz. 

Cada aula debía de facer unha actividade para despois ensinarlla ao resto do colexio.

Como mestra PT tiven o pracer de axudarlle a titora de infantil, Chus a buscar e colorear diferentes bandeiras de países. Unha vez que estaban recortámolas e fixemos bandeiras. Finalmente buscamos a palabra 'Paz' no idioma desa bandeira.  Aprendimos a palabra paz en:

-Grego

-Inglés

-Ucraniano

-Francés

-Alemán

Os nenos/as de infantil mostráronllos aos maiores e fixérono xenial!!!


Tamén puiden participar no fermoso poema feito pola titora de Primeiro e Segundo, Patri. Dixémolo diante de todos os maiores é fixérono de 10!


Finalmente todo o colexio, incluidos os mestres decoramos un paraugas empregando símbolos da paz.


Tanto mestres coma nenos/as pasámolo en grande!!!

Teño moita sorte de compañeiras😉









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...