sábado, 24 de diciembre de 2022

Hospital Ortográfico

 Ola familias! Hoxe quérovos ensinar o novo hospital que xa abriu as súas portas nestas últimas semanas de trimestre.

Este hospital foi creado a partir da idea que topei en Pinterest fai algún tempo. Quería que cada neno/a tuvera os seus propios pacientes (palabras mal escritas) xa que cada alumno falla nunhas normas ortográficas e aquí podédelo ver!

¿Cómo o utilizo na miña aula?

Cada vez que un alumno cometa un erro que considero 'grave', esa palabra será trasladada ao hospital ben escrita. Acordei cos nenos/as rodear con vermello as palabras que deben de ir ao hospital.

A miña idea é facer autodictados e dictados de palabras unha vez por semana incluíndo as palabras que están no hospital. Se nese dictado as escriben correctamente, estará curada e poderémoslle dar o alta.

Encantoulles a idea!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...