domingo, 5 de febrero de 2023

Antes de ler cun neno/a ¿Qué debemos de traballar previamente?

 Ola familias! Hoxe subo unha publicación adicada a cómo debemos de preparar aos nenos/as para o proceso da lectura. Este proceso iniciase na etapa de Educación infantil aínda que compre recordar que esta etapa é unha aproximación a lectura, escritura e cálculo. E que cada neno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe.

A continuación explico os prerrequisitos a traballar antes de iniciar o proceso lector:

💥Linguaxe: É importante que o neno/a teña un bó desarroio na linguaxe oral e dunha boa articulación dos sonidos. Tamén é importante ter un vocabulario amplio para que poida comprender os textos. 

Entre as actividades que recomendo para traballar a linguaxe son: soplar burbuxas, imitar sonidos de animais, ler contos, facer caras ou xestos.


💥Conciencia fonolóxica: Aquí refírome a capacidade de recoñecer os sonidos da fala e saber separar as palabras en sílabas.

Entre as actividades que recomendo destaco: aplaudir separando por sílabas unha palabra, leer poemas, identificar o sonido da última letra dunha palabra.


💥Motricidad fina: Aquí refírome a coordinación dos músculos pequenos como a man, os dedos, a muñeca, o hombro. A moticidade fina é importante porque permitirá facer actividades da vida diaria con coordinación e axilidade como abrocharse a chaqueta, subir un cierre, abrir un candado.

Entre as actividade que recomendo para traballar a moticidade fina destaco: bloques de construccións, rodar pelotas, subir e baixar cremalleiras, xogo de pinzas, acomodar a roupa, recortar.


💥Espazo e tempo:  Con isto refírome a identificar términos como arriba, abaixo, encima, detrás. Estos términos espaciais sin necesarios xa que o nenos/a vai escribir e a ler de dereita a izquierda e de arriba a baixo polo cal necesita comprender de que vai cada palabra.

Entre as actividades que recomendo para traballar o espazo e o tempo: xogos de identificar obxectos se están arriba o abaixo, poñerlle unha pulsera dunha cor por exemplo vermella na man dereita e amarela na man esquerda e xogar con él/ela a que levante a man que un lle pida.


💥Lateralidad: Con esto refírome a ter predominancia para facer ou tomar as cousas cunha das súas mans, é dicir, se é zurdo ou diestro. Isto por nada do mundo se debe de impoñer, se o neno/a colle todo coa man esquerda hai que deixalo e non forzalo para que o colla coa dereita.


💥Traballar a postura:  Ao estar sentado dos hombros, brazos e mans. É imporante que o neno/a teña un movemento independente por cada unha das partes do seu corpo e que ao estar sentado teña os dous pés no chan.


💥Memoria visual e auditiva: Para poder memorizar a grafía e o fonema das letras, é dicir, a forma e o sonido. 


Todos istos Prerrequisitos débense de traballar na Etapa de Educación infantil. Recordade algo moi importante tamén, cada neno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e non é bó compararse con outros nenos/as.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...