martes, 27 de junio de 2023

Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente. 

Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segundo ano de mestra, no cal aprendín moito e fun moi feliz cos meus pequenos/as.

Espero de corazón vervos a todos no mes de setembro.

Unha aperta moi moi grande.


 A profe Vane






sábado, 17 de junio de 2023

Grazas de corazón as familias

 Onte quedei sen palabras polos agasallos tan especiais que tiven.


Grazas de corazón 💗





Festival de fin de curso e Graduacións

 Ola familias! Onte foi un día emocionante para todo o alumnado e profesorado do centro.

Esperamos que vos gustasen todas as curtas e que disfrutárades tanto do festival coma das Graduacións de sexto de Educación infantil e sexto de Primaria. 



lunes, 12 de junio de 2023

Festival de cine

 Ola familias! Aquí deixovos o cartel que preparou o Equipo directivo para anunciar o  noso festival de cine.

Hai moito traballo detrás e moita ilusión!

Vémonos o venres! 💗




miércoles, 7 de junio de 2023

Actividades para traballar a Psicomotricidade fina

 Ola familias! Hoxe deixovos un par de actividades para traballar a psicomotricidade fina moi sinxelas.

1. Enroscar e desenroscar tapas, botes, tuercas...

2. Abrochar e desabrochar botóns.

3. Modelar con plastilina, bolas, cilindros...

4. Barallar, repartir cartas...

5. Recortar con tesoiras.

6. Dobrar papel e rasgar pola doblez.

7. Encaixar e desencaixar obxectos.

8. Maipular obxectos pequenos como lentellas, botóns...

9. Pasar as follas dun libro.





Felices vacacións de verán

 Ola familias! Hoxe gustaríame despedirme por aquí momentaneamente.  Foi un verdadeiro placer estar neste colexio e poder exercer o meu segu...